O Caudal Fest incorpora a Amaral a un cartel que xa relucía con Arde Bogotá, Mikel Izal, Xenebras ou Viva Suecia

O festival lucense segue incorporando figuras ao xa de seu nutrido cartel da próxima edición, que se celebrará os días 20 e 21 de setembro.


|

Amaral
Amaral

 

Referentes da música nacional, banda sonora dunha xeración... Son moitos os calificativo que se poden aplicar á banda formada por Eva Amaral e Juan Aguirre, que serán protagonistas o próximo mes de setembro nos Xardíns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, cando o Caudal Fest abra as súas portas na que será a súa VIN Edición.

 

Amaral súmase así a un cartel que xa era unha auténtica constelación de estrelas. O primeiro adianto do festival inclúe a Arde Bogotá, Viva Suecia, Xenebras ou Mikel Izal, que volve aos escenarios, agora en solitario, e celebrará no Caudal -escenario predilecto para el- un dos seus únicos concertos este verán en festivais de España. 

 

A última gran festa do verán é unha data ineludible para os bos festivaleros, que xa esgotaron dúas terceiras partes dos abonos postos á venda. Máis do 60% dos pases voaron nas primeiras 24 horas, cifra que sen dúbida se incrementará nas próximas horas despois da confirmación de Amaral nun dos festivais de referencia en Galicia e en todo o norte peninsular. 

 

 

Nil Moliner, Huecco, Karavana, Carlos Sadness, Varry Brava, Siloé, Ladilla Rusa ou Monoulius Dop son outros dos artistas confirmados para esta nova edición, que non se gardará nada para despedir como se merece outro verán cheo de música. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE