Concedidas axudas autonómicas a 23 editoriais para a tradución de 88 obras

O orzamento da axuda ascende a 200.000 euros en dúas anualidades


|

Archivo - Imagen de una librería
Arquivo - Imaxe dunha libraría

A Xunta de Galicia concedeu a 23 editoriais axudas dirixidas á tradución dun total de 88 obras, tanto para levar a outras linguas textos publicados orginalmente en galego como para traducir á lingua propias publicacións noutros idiomas.

 

O orzamento total ascende a 200.000 euros en dúas anualidades. Para este ano concédense 90.000 euros e para o 2024 elévase a 110.000 euros, sendo a cantidade máxima recibida por obra de 6.000 euros.

 

Segundo explicaron nun comunicado, a orde de axudas enmárcase no Plan Xeración Cultura, co que se busca reforzar con novas iniciativas o gran momento de creación e expansión do sector cultural galego, facilitando así a súa internacionalización e acceso.

 

As editoriais deben presentar o contrato co tradutor para xustificar esta anualidade e só subvenciónase a tradución dun mesmo título. Cada empresa pode presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 títulos, dos que son obxecto de subvención as obras que aínda non teñen tradución ou nas que pasaron máis de 20 anos da última.

 

Así, o Goberno galego crea un marco legal para propiciar a participación e acceso á cultura a todo tipo de persoas e colectivos sociais, a través da Lei de Cultural Inclusiva e Accesible de Galicia.

 

Como exemplo, citan a concesión de subvencións a cinco proxectos para a produción, distribución e comercialización de libros en lectura fácil en formato físico ou dixital, en lingua galega. O importe total da axuda é de 24.848,25 euros.


Os libros de lectura fácil teñen que estar editados en galego ou en calquera outro idioma que, de ser o caso, débese traducir ao galego. Así mesmo, debe tratar dunha primeira edición dunha obra inédita en galego ou ben a adaptación dun título xa publicado orixinalmente en galego durnate os últimos cinco anos e do que non exista adaptación en lectura fácil no mercado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE