A Mesa reprocha a Rueda a súa presenza no Foro que deturpa o topónimo da Illa da Toxa
A Mesa pola Normalización Lingüística volveu a protestar un ano máis no Grove (Pontevedra), con motivo da celebración do Foro A Toja-Vínculo Atlántico, contra a deturpación do topónimo de Illa da Toxa no nome do evento.
Marcos Maceira, presidente da Mesa, cargou contra o presidente da Xunta por formar parte da cita económica que se celebra estes días no illote arousán.
Ademais, a plataforma lembrou que Rueda tamén se opón ao uso do galego no Congreso: "É indicativo do profundo desprezo que sente o señor Rueda polo galego, por Galicia e mesmo polo cargo que ocupa".
A Mesa pola Normalización Lingüística volveu a protestar un ano máis no Grove (Pontevedra), con motivo da celebración do Foro La Toja-Vínculo Atlántico, contra a deturpación do topónimo de Illa da Toxa no nome do evento.
Nesta concentración, na que participaron representantes do BNG, como a deputada autonómica Montse Prado, o presidente da Mesa, Marcos Maceira, lamentou a participación do titular da Xunta, Alfonso Rueda, na inauguración deste acto "cuxa carta de presentación é o ataque á toponimia galega e á lexislación que a oficializa".
Maceira cualificou de "vergoñosa" a súa presenza no foro, que este xoves inaugurou o rei Felipe VI, e lamentou que o galego "sexa o único presidente contrario á presenza da súa lingua no Congreso".
"Todo isto é indicativo do profundo desprezo que sente o señor Rueda polo galego, por Galicia e mesmo polo cargo que ocupa", sentenciou.
Escribe o teu comentario