Tanxugueiras encabeza o caterlón de El Corte Inglés en Galicia para celebrar o Día Europeo da Música

A cadea de grandes almacéns dispuxo dunha programación de primeiro nivel para celebrar este acontecemento que se celebra o 21 de xuño


|

Tanxugueiras
Tanxugueiras | Foto: EP

 

Non fagan plans para o 21 de xuño, porque para o Día Europeo da Música xa se encargaron no Corte Inglés de subliñarnos a data en vermello e convidarnos a celebrar esta ocasión tan especial. En realidade, desde a cadea de grandes alamacenes han pesando que cun día non basta para este evento, polo que confeccionaron unha ampla programación por toda Galicia durante todo o mes cunha gran traca final o propio mércores 21 de xuño. 

 

A Coruña

A festa arrincouna cos alumnos da escola de música e baile Presto Vivace, que actuou onte no Corte Inglés da Coruña, onde tamén ofrecerán o seu espectáculo hoxe e mañá, ás 18:30 horas. 

 

O 19 de xuño será o momento de recibir a De Tapas, que leva a música tradicional galega a un novo nivel cun estilo propio "nunha fusión que busca facer unha chiscadela ás nosas raíces e ao que somos sen perder de vista novas sonoridades". "Todas as actuacións celebraranse na praza da Cubela do Corte Inglés", sinalan os organizadores.

 

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Xa no Corte Inglés de Santiago de Compostela, a música comezará a soar o 16 de xuño co concerto de fin de curso da Escola de Música Allegro. Os aprendices porán sobre o escenario toda a formación adquirida durante este curso que acaba cun repertorio que vai desde a música clásica até sons máis contemporaneos, con actuacións individuais e colectivas. Terá lugar na Sala de Ámbito Cultural, desede as 11:30 horas até as 21 horas. 

 

O evento máis esperado talvez sexa o protagonizado polo trio composto por Sabela, Aida e Olaia, as Tanxugueiras, que ademais da súa música achegaranse ao público nun coloquio. A cita, o 20 de xuño ás 19:30 horas no exterior dos grandes almacéns composteláns, será o broche de ouro ao 25 aniversario do centro comercial da capital e servirá para presentar en sociedade 'Aire', o seu último sinxelo. 

 

VIGO

A cidade olívica acollerá o último desta serie de concertos, con Chungo Pastel como gran atractivo para celebrar a chegada do verán o 21 de xuño. "O grupo de rock-pop impulsado pola Fundación Igualarche e que incorpora a diversidade funcional, está formado por un equipo con batería, baixo, guitarra eléctrica, teclado e percusión que versiona cancións que todos coñecemos e innovan con cancións propias; sempre con moita enerxía e facendo chegar a todo o mundo o seu flow", agregan desde a organización, que convida a todos a acudir á marquesiña de Gran Vía ese día ás 19 horas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE