O Parlamento Europeo apoia a dobraxe e subtitulado en linguas minorizadas, como defende A Mesa
O pronunciamiento do Parlamento ten lugar días despois da intervención da Mesa no intergrupo de linguas.
A Cámara do Parlamento Europeo mostrou este martes o seu apoio á proposta da Mesa pola Normalización Lingüística aprobando un informe para a implantación da Directiva do audiovisual no que destacan as importancias de "facilitar" tanto a dobraxe, como o subtitulado, audiodescripciones e outros elemetos "en todas as linguas do territorio onde o servizo de comunicación social audiovisual é prestado".
A proposta, que xa contempla a 'Iniciativa Xabarín' da Mesa, lembra á súa vez a importancia de "designar, sen demora inxustificada, un punto de contacto en liña, facilmente accesible e dispoñible ao público en todos os Estados membros". Desde o Parlamento tamén se remarcou a necesidade de facer un maior esforzo por divulgar obras europeas que mostren a diversidade de linguas do continente.
O pronunciamiento de Europa sucede apenas uns días despois de que Marcos Maceira, presidente da Mesa, comparecese xunto a Xosé Lois Contento, vicepresidente de AGAPI, e Soliña Bareiro, profesora membro do Grupo de Estudos audiovisuais da USC, no intergrupo de linguas do Parlamento europeo.
Escribe o teu comentario