Programa Festas de San Paio 2023 na Estrada: Tanxugueiras, Carlos Baute, París de Noia, Monolious Dop...

Do venres 23 de xuño ao martes 27 a localidade pontevedresa celebra unha gran festa na que a música será o elemento principal. 


|

Tanxugueiras
Foto: EP

 

Aínda que o tempo en ocasións pareza indicar o contrario, aínda faltan unhas semanas para verán. Restan aínda case dous meses até gozar da praia, das sardiñas asadas ou das festas estivais. Con todo, na Estrada xa se puxeron ao choio e deron a coñecer o cartel das Festas de San Paio 2023, cunha programación musical de luxo, ademais doutras moitas actividades que marcarán os cinco días de festa cos que dar a benvida ao verán.

 

CINCO DÍAS DE MÚSICA

A festa arrincará o venres 23 de xuño, na noite de San Juan, cunha sardiñada para abrir boca e con Roi Casal en concertos ás 22 horas como principal reclamo, ademais da actuación da Chikillada pasada a medianoite. 

 

Será o arranque dunha festa que celebrará o pregón ao día seguinte, con Olaia Maneiro, membro das Tanxugueiras, como "madriña" da edición deste ano. A Estrada homenaxea así a unha das súas veciñas ilustres, que a pesar de ser de Teo reside desde hai un tempo no municipio pontevedrés, onde se gañou o agarimo de todos os estradenses.

 

Serán as Tanxugueiras as que saian a escena ese sábado. O trío de pandereteiras, que revolucionou a escena musical galega, animará unha velada que completa a Orquestra Galilea. Ese mesmo sábado, antes chegar aos concertos, haberá uns pasacalles con charangas pola mañá así como espectáculos e atraccións para os máis pequenos ao longo do día. 

 

Xa o domingo será a quenda da Orquestra Os Satélites, que actuarán como teloneiros ao concerto de Carlos Baute, a outra gran estrela da que presume a programación da Estrada. A música non deixará de soar tampouco o luns, co Combo Dominicano e os galegos Monolious Dop encargados de porlle ritmo á noite. 

 

O martes terminarán as Festas de San Paio ao grande coa Orquestra París de Noia como gran colofón final ademais dos tradicionais lumes de fin de festa, que máis que despedir serán o pistoletazo de saída para o gran verán que lle espera a Galicia e á localidade. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE