O Son do Camiño fulmina en apenas 2 horas os abonos postos á venda este venres

A organización anuncia que nas próximas datas poranse á venda as entradas por días, para o 15, 16 e 17 de xuño. 


|

O son do camiño
Foto: O Son do Camiño

 

De marca. Cada ano que pasa é un termo que se utiliza con todo o referido ao festival O Son do Camiño, que segue rompendo rexistros a pesar de celebrar o seu IV Edición neste 2023. Un dos grandes eventos do verán en Galicia e a nivel nacional anunciou onte o seu cartel, con grandes artistas como Maluma, Aitana ou Bizarrap encabezando a festa no Monte do Gozo, e esta mesma mañá puxo á venda os abonos, ás 12:30 horas. Pouco antes das 14:30 xa anunciaban os organizadores que xa non lles quedaba papel para imprimir.

 

Como xa ocorreu en 2022 e en decembro, cando puxeron á venda os algo máis de 30.000 abonos para os fieis ao festival santiagués, os abonos dispoñibles este venres voaron en cuestión de minutos. Desde Esmerarte e Bring The Noise, promotores do festival, celebran que a deste 2023 leve o ritmo de ser a edición "máis multitudinaria até a data. 

 

 

"Se hai uns meses esgotaba os 33.000 abonos en apenas uns minutos, hoxe esgota en apenas uns minutos os 6.000 abonos que se reservaron para aqueles que preferían coñecer o cartel desta edición para comprar a súa entrada", reflicten, á vez que valoran como un "éxito total" a reacción do público. "O Son Do Camiño volve bater a súa propia marca sendo, de novo, o festival de gran formato que máis rápido esgota as súas entradas".

 

Agora, xa só queda pór a disposición dos fans os pases por días, que serán postos á venda proximamente. Moitos xa teñen o seu abono baixo chave e marcado o seu calendario en vermello do 15 ao 17 de xuño. vén algo moi grande en Compostela. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE