Concertos para gozar deste fin de semana en Galicia
Descrubre que actuacións musicais e concertos chegan este sábado e domingo ás salas galegas
Camela: Que a música che acompañe é o último disco do grupo Camela, unha icona e máximo expoñente da tecno-rumba con case tres décadas de carreira. Este sábado actuará en Pontecesures, a partir das 23:00 na discoteca Chanteclair. A entrada ten un prezo de 34 euros e pode adquirir a través de Ataquilla.com.
Deus que che crew: Este xa coñecido grupo galego formado en 2001 en Ordes tráenos de novo as súas letras políticas, con críticas ao capitalismo, a Garda Civil, a monarquía española, a discriminación dos galegos ou a corrupción. Este sábado poderemos gozar da súa música na Praia Club da Coruña ás 21:30, con entradas a 15 euros máis gastos de xestión.
Nach: O representante ineludible do rap en español das últimas dúas décadas. Este sábado presentará en Santiago o seu último traballo, "Almanauta", confirmando así a forza dunha vocación allea a veleidades. O concerto será na Sala Capitol a partir das 20:30, cun prezo de 15 euros, con gastos de xestión incluídos.
Zaz: A cantante gala, con discos de platino en varios países europeos, actuará este domingo, día 19, no Auditorio Pazo de Congresos de Vigo. Da man de "Organique Tour" poderemos gozar do seu concerto a partir das 20:30 na cidade Olívica por un prezo de 26 euros.
Non one Alive: A banda de metal proveniente da zona de Vigo e arredores trae a Cangas un concerto este finde semena. Será o domingo día 18 ás 20:30 na Sala Son.
Escribe o teu comentario