Cartel de VI Edición da Revolta do Umia: Ortiga, Monoulious Dop, Loita Amada, Fillas de Cassandra...

O festival de Cuntis celebrarase do 25 ao 26 de agosto con máis dunha quincena de nomes confirmados. 


|

Fillas de Cassandra u00a9 Santi Iglesias 2
Fillas de Cassandra | Foto: 

 

Podería ser unha listaxe do mellor da música do país, pero non, o que chega este verán a Cuntis é o cartel do festival A Revolta do Umia, que na súa sexta edición regresa co máis nutrido da música galega, con algúns dos grupos máis representantivos e escoitados desta nova onda á que se subirá Vilar de Mato, en Cuntis, do 25 ao 26 de agosto. 

 

Por agora, no cartel provisional, a organización concentrou 17 nomes, reforzando a súa aposta por axuntar en dous días de música sen descanso unha gran diversidade de estilos, saltando do punk ou o rock á cumbia ou a música electrónica, representados por grupos emerxentes e outros de primerísima liña.  

 

DOUS DÍAS DE MÚSICA

Despois do quinto ano da Revolta, con The Rapants ou Tanxugueiras como atraccións principais, nesta VI Edición o público poderá gozar de cabezas de cartel da talla de Ortiga, Monoulious Dop, Fillas de Casandra, Mundo Prestixio, Loita Amada ou Eladio e os seres queridos

 

Cartel definitivo (1)

 

Neste 2023 tampouco faltará a súa ración de bandas locais, con Pants Off e Ballvitge facendo as delicias dos asistentes. Solar Coroa, Aphonnic, Igloo, Dani, Gator the Alligator, Dharmacide, Copa turbo, A Duendeneta e Xaby DJ son outros grandes nomes que completan o cartel, que non avanza os horarios nin a distribución por días, pero que si confirma que a sesión vermú desta edición disporá de dúas bandas en concerto, seguido da música da Duendeneta. Outra novidade será a aposta de vender as entradas tamén en formato físico, "dispoñibles en varios locais da comunidade", máis aló da venda dos abonos xa dispoñibles. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE