"Que peli vemos hoxe?" A Mesa e Pipocas axúdanche a elixila coa dobraxe e o lexendado en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística prensenta Pipocas, un catálogo de películas e series con todos os títulos das producións con dobraxe e subtitulado en galego. 

 


|

A Mesa pola Normalización Lingüística prensenta Pipocas, un catálogo de películas e series con todos os títulos das producións con dobraxe e lexendado en galego. 

 

A plataforma abre o catálogo, que crecerá a medida que se notifiquen novas series e pelis, para que a cidadanía poida facer as súas achegas.

 

Pipocas
Pipocas | Foto: A Mesa

 

Algunha vez tardaches máis tempo en elixir a peli que vas ver que en vela? Pasounos a todos. O mesmo para as series. Talvez isto poida serche de axuda: A Mesa pola Normalización Lingüística lanza un catálogo no que consultar todas as películas e series con dobraxes e lexendado en galego. 

 

Pipocas é o catálogo web que presenta A Mesa e na que se recollen todos os contidos dixitais que podemos gozar en galego. O catálogo, polo momento, contén xa máis dun centenar de títulos. Desde a propia web de Pipocas rediríxennos nun click ás plataformas nas que están colgadas as pelis e series.  

 

Desde A Mesa comentan que o número de contidos irá en aumento ao refrescar o catálogo de maneira constante. Ao tempo, piden á cidadanía que participe coas súas achegas, suxerindo calquera título que se puido quedar atrás. 

 


"Esta plataforma responde á demanda recibida pola entidade de defensa dá lingua", comenta Carlos Vieito, responsable de comunicación da Mesa. Nese sentido, incide en que era unha demanda que chegaba "especialmente dos pais e nais que descoñecen que pelis para os nenos e nenas hai en galego nestas plataformas". "Desde hoxe xa teñen un lugar ao que acudir", celebra Vieito. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE