O auxe do podcast en galego: desde o primeiro "proxecto artístico" até unha gran comunidade de creadores

O gran boom comezou en 2020 coa pandemia, cando a produción e o consumo aumentaron de maneira drástica


|

Podgalego2
Na web de 'Podgalego' supón un directorio de todos os podcasts en lingua galega

Parece que o fenómeno do podcast chegou para quedar, ou polo menos durante unha tempada. A súa presenza aumentou en moitos ámbitos e cada vez ten moita mellor acollida entre o público. En parte, debido á pandemia, que creou un boom, non só a nivel de consumo de podcasts, senón tamén na súa produción.

 

E Galicia parece que non se quedou atrás. Pero o podcast en galego vén de tempo atrás. A primeira experiencia coñecida de podcasting en galego, segundo afirma Uxío Broullón nun artigo para o libro Podcasting. Tú tienes la palabra, foi sempre atribuída a ‘plan Galicia’, de Mariano Grueiro. Con todo, non se lle definía como podcast, senón como proxecto artístico. E ademais, só tivo unha emisión, o 1 de xullo de 2005, que quizá a día de hoxe, por só ter esta emisión, non se considerou podcast.

 

En outubro dese mesmo ano aparece ‘e-music’, un proxecto da radio unversitaria da Coruña, CUAC FM. Este podcast duraría dúas tempadas, ata que Isaac González, o seu creador, director e presentador, terminase a carreira.

 

Pouco despois empezan a xurdir novos proxectos, moitos deles vinculados a blogs, pois estamos a falar dunha época na que os blogs eran o que estaba de moda e era o boom do momento. Casatlántica, da escritora María Lado; Ouveos na noite, da man de Xermán Viluba; Areias sonoras, de Uxío Broullón, ou Música pirateable en galego, un programa de Radio Kalimera, serían algúns dos proxectos que empezarían a brotar en lingua galega.

 

Na actualidade, todos os podcasts en galego teñen un lugar: Podgalego. Este colectivo, que naceu da man de Uxío Broullón, xorde como un directorio de podcasts, que aos poucos se foi convertendo nunha comunidade de produtores e consumidores, e que agora pasa a ser o xerme dunha asociación de creadores de contido en galego, a Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego.

 

Segundo a web de Podgalego, no seu directorio figuran un total de 220 podcasts, dos cales 143 están en activo. Segundo informou Uxío Broullón a Galiciapress , os temas máis recorrentes actualmente nos podcasts en galego son a historia  e os magazines sobre cultura popular (en títulos como Café Derby, da man do diario Praza Pública), ademais da música.

 

Broullón considera que o labor de Podgalego é moi importante e debemos celebrar o crecemento dos podcasts en galego, así como a súa produción e consumo, para que isto normalícese, e para que escoitar contido en lingua galega vólvase algo habitual e non se trate dun mundo de nicho.

 

Os podcasts en galego (que moitos dos seus oíntes prefiren chamalos “falangullos”, como unha tradución do termo á nosa lingua) son principalmente amateurs, aínda que existe algunha produción a nivel profesional, como é o caso do BNG ou da CRTVG. No caso dos podcasts da Radio Galega, algúns dos máis interesantes, afirma Broullón, son producidos por bolseiros, polo que "morren coa bolsa".

 

Segundo asegura Uxío Broullón, o podcast aínda non se profesionalizou e é moi difícil, ou case imposible, vivir del. “Eu como moito podería gañar diñeiro dando algún curso sobre podcasting, explicando como facer podcast, a aqueles que lles poida interesar”, declara o promotor de Podgalego. “Pero non desde logo para vivir do podcasting”.

 

O gran boom da xeración de contidos, tanto en lingua galega, como a nivel xeral, chegou en 2020 , coa pandemia. Con todo, coa volta á normalidade, afirma Fran da Lobeira, condutor do espazo, 'a Lobeira Today', "o traballo e as festas están a lle comer o tempo a toda a creatividade que había antes". "Se cadra esa xente era creativa porque non podía facer outra cousa", continúa.

 

Para el, os que máis manteñen o podcast en galego en activo son as asociacións e revistas que crean este tipo de contidos, como é o caso de Luzes, Vinte ou o Ateneo de Santiago.

 

HIBRIDACIÓN DE FORMATOS

Fran da Lobeira considérase pertencente á "nova escola". Define o podcast dunha maneira diferente e non considera claras as fronteiras entre este e outros formatos. "O audio á fin e ao cabo téñeno todos os formatos: está nos vídeos e está no podcast. A diferentecia é que nos vídeos está enriquecido con imaxes". De feito, Fran chanceaba co seu público sobre esta delgada fronteira entre os formatos en rede: "Non vou subir nada máis a formato podacst, porque o que queira escoitar un podcast que peche os ollos".

 

Á pregunta, pois, de que definición daríalle ao podcast, Fran aclara que, para el, é "unha vía máis de comunicación", que abre portas. "Hai xente á que lle gusta o podcast, hai xente á que lle gustan os vídeos de YouTube, hai xente á que lle gusta Twitch, outros TikTok, Instagram...", aclara o condutor da Lobeira Today. "Como o chamemos é indiferente", conclúe.

 

A ASOCIACIÓN CULTURAL OBRADOIRO DIXITAL GALEGO

Fran da Lobeira é ademais presidente da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego, unha entidade que naceu fai menos dun mes. O seu fin, segundo recollen os estatudos da mesma, é "crear, rexistrar, promover e difundir o contido en galego, en calquera das súas normas ortográficas, en Twitch , YouTube, plataformas similares, así como en formato podcast".

 

Tentarán, afirma Fran, que a asociación "anime" á creación de contido, ademais de "formar unha rede máis grande". "Imaxínache que queres facer un podcast de Fórmula 1, pero non hai ninguén falando sobre este tema. Con todo, si hai xente en Twitch falando diso. O que fará esta asociación é pór en contacto ás grandes comunidades de creadores, ademais de abrir a porta a novas comunidades", explica o presidente da nova entidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE