Os equipos de Viogen da Garda Civil e outras catro entidades reciben o Premio Meninas 2022

A xornalista ourensá Cristina Huete Vales recollerá a mencion honorífica a medios de comunicación


|

Archivo - El delegado del Gobierno durante la celebración de la gala de Reconocimiento de los premios Meninas 2021
Arquivo - O delegado do Goberno durante a celebración da gala de Recoñecemento dos premios Meninas 2021

Os equipos Viogen de Galicia da Garda Civil, a Asociación de Profesionais dos Centros de Información á Muller, o equipo feminino do Burela Fútbol sala, o Comando de Igualdade do IES Alexandre Bóveda de Vigo e a Marca Mundial das Mulleres recibirán mañá, luns, o Premio Meninas 2022.

 

Este premio recoñece a persoas e institucioens que incorporan estratexias, iniciativas ou proxectos para combater a violencia sobre as mulleres e promover a igualdade.

 

O acto estará presidido polo delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e terá lugar a partir das 19:30 horas no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela, contando coa presenza de responsables institucionais, membros xudiciais, da seguridade pública e distintos colectivos feministras e de defensa.

 

Nunha nota de prensa, a Delegación explicou que este acto abre a semana conmemorativa do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Miñones recalcou a importancia do compromiso e a unión de todas as forzas e ámbitos sociais. Recoñeceu, ademais, o valor dos galardoados, que son o "mellor exemplo" de como a sociedade galega alza a voz en contra da violencia machista e das desiguladades de xénero.
 

MENCIÓN HONORÍFICA A MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Co obxectivo de recoñecer o labor de xornalistas e empresas de comunicación, esta edición engadiuse unha mención honorífica a medios de comunicación. Trátase dunha mención que recoñecerá a tarefa de loita contra a violencia de xénero, tanto na sensibilización como no rigor informativo do tratamento.

 

O galardón recoñece o traballo da xornalista ourensá Cristina Huete Vales polo seu "compromiso coa igualdade e os dereitos das mulleres".


Tamén recibirán no acto deste luns meniones honoríficas outros organismos e entidades. Os recoñecidos son: a Unidade de Atención á Familia e Muller da Policía Nacional da Coruña (UFAM), a Unidade Contra Redes de Inmigración Ilegal e Falsidade Documental (Ucrif) da Comisaría Local de Vigo, a maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela, Ana López-Suevos, e a Asociación Esmar Non á Violencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE