A película galega 'O home e o can' recibe seis galardóns no Festival de Cine de Madrid
Mellor Montaxe, Mellor Dirección de Casting, Mellor Guion e Mellor Interpretación Masculina e Feminina foron os premios recibidos pola película
A película galega 'O home e o can', producida por Ézaro Films e Caladiño Filmes, coa partiapación da #CRTVG e o apoio da Deputación de Ourense, recibiu esta mañá no Festival de Cine de Madrid un total de seis galardóns.
A cinta, que saíu de Galicia coa súa versión orixinal en galego e rodada integramente en branco e negro, foi galardoada con premios á Mellor Montaxe, Mellor Dirección de Casting e Mellor Guion. Con esta película, o director Anxo da Cruz foi galardoado tamén co Premio da Crítica, concedido por un xurado formado por Mariela Cubells, Moisés Rodríguez e Gregorio Belinchón.
Os actores protagonistas desta película tamén foron premiados. Manuel Manquiña e Paula Chaves obtiveron os premios a Mellor Interpretación Masculina e Feminina respectivamente. Tamén Alejandra Sotelo foi galardoada co premio a Mellor Montaxe. Doutra banda, o premio a Mellor Guion e Mellor Dirección de Casting foron recollidos polo propio Anxo da Cruz, que dedicou este útlimo premio a todos os seus actores.
TRAMA DA PELÍCULA
'O home e o can', rodada integramente en Ourense , conta a historia de Manuel, un home coas capacidades intelectuais afectadas e que non saíu nunca da súa aldea, na que vive só tras a morte da última veciña. Conta só coa compañía do seu can, ata que este sofre un accidente e Manuel vese obrigado a #penetrar na cidade para buscar a un veterinario.
Escribe o teu comentario