LP abre este venres un outono de música na Coruña, con Fito & Fitipaldis, Leiva ou Rigoberta Bandini

A artista estadounidense presenta hoxe na Coruña o seu sexto disco nunha actuación que se tivo que aprazar no verán por problemas loxísticos.

 


|

A artista estadounidense presenta hoxe na Coruña o seu sexto disco nunha actuación que se tivo que aprazar no verán por problemas loxísticos.

 

A LP sucederanlle en outubro e novembro na cidade herculina artistas da talla de Dani Martín, Sidecars, Rigoberta Bandini, Leiva ou Fito & Fitipaldis. 

 

LP
LP | Foto: Sweet Nocturna

 

Chegou o outono para quedar un bo intre. É hora de volver aos abrigos, as bufandas...e a música en interiores. Nunca se foi, pero os grandes festivais botaron o peche co fin do verán e as salas e teatros volven encherse de música en vivo e en directo, con actuacións dalgúns dos mellores grupos do panorama nacional e internacional, que se deixarán ver por Galicia e, máis concretamente, por cidades como A Coruña, que ten un calendario repleto de actuacións para os próximos meses.

 

As hostilidades arrincan hoxe co esperado concerto de LP na Sala Pelícano. E dicimos esperado porque é unha actuación que tivo que pospoñerse no seu día e que finalmente terá lugar este 7 de outubro ás 21:30 horas. A estadounidense aterra na cidade herculina coa súa voz inimitable e o seu estilo que se move entre o indie e o rock, pero capaz de arrincar con ritmos de soul que deixan patente a capacidade vocalica de Laura Pergolizzi, como a bautizaron os seus pais. 

 

 

Desgarradora e emotiva, LP vén para presentar 'Churches', o seu sexto album nunha carreira con xa máis de tres lustros encima dos escenarios e detrás das letras de temas interpretados por artistas da talla de Rihanna ou Christina Aguilera

 

RIGOBERTA, FITO, LEIVA, DANI MARTÍN...

Tras LP, as actuacións non pararán na Coruña, xa que a próxima fin de semana, entre o 14 e o 16, será a quenda de Les Luthiers, no Palacio da Ópera. Con todo, o prato forte será a final de mes, nun día 29 de outubro no que haberá que elixir entre papá ou mamá: ou Fito & Fitipaldis no Palacio da Ópera ou Leiva no Coliseum. 

 

Novembro arrincará con Rigoberta Bandini por partida dobre -aínda que nestes momentos só quedan entradas para a súa actuación do día 4 despois de esgotar os boletos para o xoves 3- e seguirá con Dani Martín, que como Leiva tratará de encher ata a bandeira o Coliseum coruñés. Sidecars, tamén no Coliseum, poñerá o broche ao mes de novembro co seu concerto do día 29. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE