Convocan unha nova concentración no Grove pola deturpación da Toxa no ‘Foro La Toja’

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación para o próximo 29 de setembro na illa pontevedresa.

 


|

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, A Mesa pola Normalización Lingüística convoca unha manifestación para o próximo 29 de setembro na illa pontevedresa.

 

A plataforma denuncia que o evento económico e político recibe diñeiro público mentres pretende "eliminar calquera vestixio e mostra da presenza social da lingua propia de Galicia".

 

Protesta da Mesa na Toxa
Protesta da Mesa na Toxa 

 

A ‘IV Edición do Foro La Toja 2022’ será, como outros anos, unha cita económica e política de gran relevancia na illa, en Galicia e a nivel nacional, con importantes figuras da política, a industria e a economía nacional e internacional, pero nos últimos anos tamén suscitou moitas voces críticas pola súa posición co galego. Como xa ocorreu en edicións anteriores, A Mesa pola Normalización Lingüística acaba de convocar unha manifestación para protestar polo uso da deturpación ‘La Toja’ para o encontro programado na Toxa o próximo 29 de setembro.

 

Un evento que “conta cunha importante achega de diñeiro público”, como sinala A Mesa, motivo polo que “que habería de obrigar a manter un maior nivel de esixencia e respecto pola lingua e cultura do lugar onde se vai a desenvolver e garantir o cumprimento escrupuloso da lexislación”.

 

A plataforma indica á súa vez que na campaña lanzada na internet lograron máis de 1.200 firmas en apenas un día. Na recollida denuncian “o uso público e reiterado das formas toponímicas deturpadas”, que a entidade considera “demostrativa do interese por eliminar calquera vestixio e mostra da presenza social da lingua propia de Galicia” e “da impunidade coa que se actúa para contravir o indicado na lexislación a este respecto”. 

 

 

“Resulta especialmente preocupante que este atentado contra a dignidade do pobo galego e da súa lingua e cultura teña apoio explícito de representantes de organismos e institucións cuxa primeiro deber é garantir o respecto pola lei, mesmo destinando fondos públicos á súa celebración”, reprocha o colectivo, que reclama o uso da forma “lexítima e oficial” do topónimo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE