Todo listo para a estrea de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’, unha obra de Champions League
Da pluma de Nacho Carretero, escritor de ‘Fariña’, nace a nova produción de Ainé e o CDG, que se estreará o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago.
Da pluma de Nacho Carretero, escritor de ‘Fariña’, nace a nova produción de Ainé e o CDG, que se estreará o 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago.
Tito Asorey dirixe a obra, co fútbol como elemento central e un elenco de estrelas, así como o equipo responsable de ‘Fariña, o espectáculo teatral’.
![Presentaciu00f3n de Recortes Aigi Boga60](/multimedia/images/5519518.jpg)
“Algúns cren que o fútbol é só unha cuestión de vida ou morte, pero é algo moito máis importante que iso”. Bill Shankly, lendario técnico do Liverpool, sintetizou como ninguén a paixón polo balompé. Unha paixón que agora tratarán de trasladar sobre o escenario Xosé A. Touriñán, Manuel Cortés, Christian Escudero, Xoán Fórneas, Isabel Garrido e Sergio Zearreta, elenco de de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’, o último espectáculo baseado nos textos de Nacho Carretero, escritor da exitosa ‘Fariña’ e que agora se zambulle no lado máis escuro do deporte rei.
O espectáculo conta coa dirección de Tito Asorey e a dramaturxia de José L. Prieto, o equipo responsable do éxito de ‘Fariña, o espectáculo teatral’. Un show que, sen once sobre a pista, ten a xogadores, directivos, seareiros e todas as engrenaxes do fútbol encima das táboas.
Jacobo Sutil, presidente da Agadic, presentou onte a obra que será a primeira produción do Centro Dramático Galego desta tempada cun equipo de Champions League. Esta mestura de teatro e fútbol para a que reuniron “un equipo gañador” coa alianza con Ainé, “que non ten moitos anos pero é unha das compañías máis versátiles e exitosas”.
Mentres, Fran Núñez, director do CDG, admitiu a emoción deste proxecto, que é, ante todo, un traballo de equipo, e Tito Asorey é o adiestrador dunha obra para seareiros, pero tamén para aqueles que sen ser seareiros entenden a súa dimensión social a nivel planetario.
![Presentaciu00f3n de Recortes Aigi Boga50](/multimedia/images/5519516.jpg)
Touriñán foi un dos grandes impulsores desta proposta, como recoñeceu na presentación Nacho Carretero, que aínda está enfrascado no libro. O estreou terá lugar o próximo 29 de setembro no Salón Teatro de Santiago, para despois do 23 de outubro, data na que deixará de estar en cartel na capital, comezará a súa xira por distintas localidades galegas.
Escribe o teu comentario