Lara Méndez celebra que o Caudal Fest sexa xa unha data ineludible no calendario dos festivaleros

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez valorou positivamente o Caudal Fest, un festival "tremendamente consolidado", que se celebrou durante a pasada fin de semana na capital lucense con artistas como Estopa, Roube, Izal, Ilegais ou Morade.

 

 


|

En só tres edicións "a última gran festa do verán" consolidouse como un dos festivais referencia de Galicia e de toda España.

 

A alcaldesa da cidade amurallada, Lara Méndez, mostrouse satisfeita polo éxito de púbico como ao redor dos "datos económicos" que deixa o festival. 

 

Caudal fest
Foto: Caudal Fest

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez valorou positivamente o Caudal Fest, un festival "tremendamente consolidado", que se celebrou durante a pasada fin de semana na capital lucense con artistas como Estopa, Roube, Izal, Ilegais ou Morade.

Méndez sinalou que aínda "farase unha valoración, en breve, con datos encima da mesa", pero 'a priori' foi "como todos os anos": "positiva e excelente, en canto a termos de afluencia e de datos económicos".

 

A "ESENCIA" DO CAUDAL FEST

A rexedora lucense ha destacado que "a pesar do impás do ano pasado, coas limitacións Covid e o anterior que non se puido celebrar", agora o festival "recuperou a súa esencia".

Así, subliñou que en catro edicións demostrouse que é "un festival tremendamente consolidado" e "de referencia a nivel galego e a nivel nacional".

"Xa é un festival onde a xente garda eses días para vir a Lugo. Iso permítenos achegar Lugo a toda a cidadanía que nos visita de Galicia e tamén xente que vén doutros lugares de España", remarcou a alcaldesa.

En todo caso, afirmou que o seguimento durante os dous días de festival foi "masivo", algo que se desprende da venda de todas as entradas; ata 30.000 mil para os dous días.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE