A Terra Media pasa a ser "A quinta provincia": 'O Señor dos Aneis: os aneis de poder' estará dobrada ao galego

A serie de Amazon Prime, que se estrea este venres 2 de setembro, contará con dobraxe e subtitulado en galego, como tamén o fará en catalán e eúscaro.

 


|

A serie de Amazon Prime, que se estrea este venres 2 de setembro, contará con dobraxe e subtitulado en galego, como tamén o fará en catalán e eúscaro.

 

A decisión de incorporar o galego ás linguas nas que estará dobrada unha das series máis esperadas do ano foi moi ben recibida polas plataformas de defensa da lingua. 

 

Seu00f1or dos aneis
Foto: @DobraxeGalega

 

Son moitas as linguas da basta Terra Media: élfico, éntico, khuzdul, a lingua negra de Mordor... e, a partir do 2 de setembro, o galego. A lingua de Rosalía e Castelao chega ao mundo creado por J. R. R. Tolkien a mediados do século XX grazas á nova serie de Amazon Prime, 'O Señor dos Aneis: os aneis de poder', que contará con dobraxe e lexendado en galego.

 

A compañía confirmou que a serie, que se estreará o próximo 2 de setembro, contará con dobraxe en galego, así como os lexendado. Tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia fixo o propio, sinalando que, "desde a súa estrea", os espectadores poderán gozar deste produto en galego.

 

 

CADA VEZ MÁIS PLATAFORMAS APOSTAN POLO GALLEGO

Desde A Mesa pola Normalización Lingüística celebran este paso tan importante para a lingua. "Alégranos ver que cada vez máis plataformas dobran e lexendan os seus contidos ao galego", celebra a organización, que leva anos reclamando ás administracións públicas que se impulsen máis iniciativas deste tipo e presionen ás grandes plataformas audiovisuais para que aposten pola dobraxe en galego. 

 

 

"Queremos facer fincapé na importancia de termos produción propia e feita no país. É o que reclaman dende a Plataforma pola defensa da ficción en galego e para evitar a súa desaparición. Tamén temos que ter presente que as historias que se contan no audiovisual, podan ser galegas e en galego", recalcan desde A Mesa.

 

Outras contas, como 'Orgullo Galego', tamén se fixeron eco da noticia, que ten tamén ao eúscaro e ao catalán de parabén. Os oito capítulos desta primeira tempada -Amazon asinou a produción de cinco- estarán dispoñibles a partir deste venres. 

 

Trátase dunha das producións máis esperadas do ano, un dos universos fantásticos con máis seguidores en todo o mundo e unha estrea que reunirá a millóns de espectadores. Xa hai moitas ganas de escoitar a personaxes que deixarán frases tan míticas como aquela de "meu tesouro".

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE