Atropelo múltiple na Coruña: deteñen ao condutor dun sinistro que deixa seis feridos, tres deles graves
A pesar da aparatosidade do suceso, non se teme pola vida de ningún dos afectados.
Un total de seis persoas resultaron feridas nun atropelo múltiple no centro da cidade da Coruña. As vítimas, entre as que hai unha menor de idade e tres persoas graves, foron trasladadas polo 061 a centros hospitalarios aínda que, no entanto, non se teme pola vida de ningún.
Así o confirmaron fontes municipais consultadas por Europa Press tras explicar que un turismo arroiou aos peóns cando "estaban a cruzar debidamente" por un paso de peóns.
Respecto ao condutor do vehículo que ocasionou o accidente, apuntaron que tras o ocorrido "está detido e estanse practicando dilixencias".
O suceso produciuse este mércores, día 27, ás 12.20 horas na rúa Juana de Veiga. Até o lugar dos feitos desprazáronse membros da Policía local e do 061. "Aínda se está traballando no lugar", sinalaron as mesmas fontes.
Escribe o teu comentario