Un menor trasladado de urxencia en taxi desde o aeroporto de Lavacolla pola ausencia de persoal médico na terminal

#UXT denuncia a ausencia do servizo de médico permanente no aeroporto compostelán.


|

Nueva Terminal De Lavacolla (Santiago De Compostela)
Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)

 

A falta de persoal santiario foi unha constante en distintos puntos da comunidade galega nos últimos anos. Esta carencia provocou situacións extraordinarias, que van desde colapsos nos servizos de Urxencias até derivacións como as que denunciou esta mañá a CIG en Burela, onde os pacientes son derviados de maneira sistemática da Mariña a Lugo. Nesta ocasión, é o aeroporto de Santiago de Compostela, o Rosalía de Castro, o lugar onde a ausencia dun servizo de persoal médico puido provocar unha desgraza.

 

 

EN TAXI Ao HOSPITAL

Do ocorrido no aeródromo de Lavacolla fíxose eco o responsable do sector aéreo de Galicia de UXT, Roberto Rivas, que relatou como un menor tivo que desembarcar dun avión que ía tomar xunto á súa nai rumbo a Las Palmas de Gran Canaria tras sufrir problemas respiratorios. 

 

Ambulancias
Ambulancias

 

Os afectados trataron de acudir a algún sanitario que se atopase na terminal, pero o aeroporto non dispón de servizo médico permanente. Por iso, e ante a ausencia tamén de ambulancias no aeroporto de Lavacolla, e coa previsión de que unha ambulancia tardaría unha media hora en chegar ao lugar, a nai tivo que levar ao seu fillo en taxi até o hospital.

 

 

Ante isto, o sindicato volveu a pór de manifesto as demandas sobre a falta de servizo médico permanente no aeroporto. "É unha auténtica vergoña que nun aeroporto H24 non haxa un servizo médico permanente", critica o sindicato, que chama a que se tomen medias urxentes para evitar que esta clase de episodios poidan repetir no futuro.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE