Feridas tres persoas nunha saída de vía en Rois
Todos os ocupantes do vehículo foron trasladados ao CHUS para avaliar o seu estado físico e até o lugar tamén se desprazou o 061, o GES de Brión e a Garda Civil de Tráfico.
Tres persoas resultaron feridas durante a madrugada deste sábado tras unha saída de vía na AG-1.5, no Concello coruñés de Rois.
Segundo os bombeiros do parque Provincial de Boiro, quen acudiron até o lugar dos feitos, o vehículo precipitouse por un desnivel quedando envorcado lateralmente nunha pista forestal.
Todos os ocupantes do vehículo foron trasladados ao CHUS para avaliar o seu estado físico e até o lugar tamén se desprazou o 061, o GES de Brión e a Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario