Falece un condutor ao chocar contra unha árbore na Baña tras unha saída de vía
Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa
Un condutor perdeu a vida tras salirdse da vía e chocar contra unha árbore no lugar de Barro de Abaixo, no municipio coruñés da Baña.
Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse minutos despois da media noite e foi o sistema de emerxencias e-call do vehículo o que deu o aviso automático.
O centro de emerxencias ao non ser capaz de contactar co ocupante do vehículo mobilizou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Santa Comba, Garda Civil e Policía Nacional.
Cando os equipos de emerxencias chegaron ao lugar, confirmaron que un turismo cun único ocupante saíu da vía e chocou contra unha árbore. Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
Escribe o teu comentario