Quen puxo unha escultura no lugar onde asasinaron a Samuel Luiz? A súa autoría resulta un misterio
A obra, que tampouco está claro que sexa en memoria do hispano-brasileiro, foi retirada do lugar por seguridade e o seu autor ou autora é aínda unha incógnita.
A autoría da escultura onde foi asasinado Samuel Luiz na madrugada do 3 de xullo de 2021 no paseo marítimo coruñés, segue sendo, ao día seguinte da súa retirada, unha incógnita.
Así o manifestaron fontes consultadas por Europa Press en relación a unha figura simulando un óso humano en grandes dimensións.
En concreto apareceu o domingo na avenida de Buenos Aires, na zona do paseo marítimo onde se produciu a morte no contexto dunha malleira mortal pola que foron condenados catro novos, tres como autores dun asasinato e un cuarto como cómplice.
Fontes municipais explicaron que a figura foi retirada por motivos de seguridade en torno ao mediodía por ser unha zona de tránsito de moitas persoas nun día de partido como o de onte e tratar dun lugar onde adoita haber vento, co risco que levaba.
Tamén ratificaron que ninguén pediu autorización para poder instalar unha obra, de grandes dimensións, que simulaba un óso humano.
Desde o colectivo LGTBI Ás Coruña, onde se organizaron nese lugar homenaxes en recordo de Samuel, expresáronse no mesmo sentido. "Non temos nada que ver nin tampouco sabemos si ten que ver con Samuel ou non", indicaron.
Escribe o teu comentario