Ecuentran o corpo sen vida dunha muller na fonte da Praza de Salvador de Madariaga, A Coruña

O achado tivo lugar ao redor das 7:10 horas deste luns por un viandante que localizou á falecida.


|

Plaza Salvador de Madariaga de A Coruu00f1a
Praza Salvador de Madariaga da Coruña

 

O cadáver dunha muller foi localizado este luns por un transeunte na praza Salvador de Madariaga da Coruña, segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia.

Así, os servizos de Emerxencias recibiron o aviso, a través de Urxencias Sanitarias, sobre as 7,10 horas deste luns, cando un particular avisaba do achado dunha muller flotando na auga da fonte.

Ao lugar acudiron efectivos de Urxencias Sanitarias-061, de Policía Local e Policía Nacional, e tamén foron informados efectivos de Protección Civil e de bombeiros. Os profesionais sanitarios que atenderon á muller non puideron facer nada, salvo confirmar o falecemento.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE