"Alerta de Protección Civil" enviada por centos de miles de coruñeses como parte dun simulacro (vídeo)
Darlle a aceptar, fixar na palabra -escrita en maiúsculas- SIMULACRO e non chamar aos servizos de emerxencias. Isto é todo o que hai que facer si as recibido un SMS do sistema É-Alert, o que é probable se esta mañá estabas pola zona da Coruña e Arteixo. A alerta soa aínda que o teléfono estea en silencio. Faio ademais ao máximo volume e non para ata que se pulsa aceptar.
A Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos da Coruña e Arteixo, e a empresa Repsol Butano, realiza este martes un simulacro de accidente na refinaría de Repsol en Nostián, para pór a proba o sistema de alerta masiva ES-Alert, de maneira que os veciños destes dous municipios e a súa contorna recibirán un aviso cun asubío continuo a máximo volume nos seus teléfonos móbiles.
O simulacro do Plan de Emerxencia Exterior da Grela-Bens leva a cabo a partir das 10,00 horas e as persoas que reciban o aviso nos seus teléfonos non teñen que responder nin chamar ao 112, tan só ler a mensaxe e pulsar a opción de "Aceptar". Na mensaxe que reciban infórmase de que se trata dunha proba.
A ES-Alert é un sistema de alerta masiva que permite enviar unha mensaxe a todos os móbiles dunha zona concreta en caso de emerxencia. Con esta proba, leva a cabo a simulación dun accidente nas instalacións da factoría de Repsol, que obriga a activar o Plan Exterior de Emerxencia do parque industrial onde se sitúa.
Este sistema está integrado na Rede de Alerta Nacional do Ministerio do Interior e só funciona con 'smartphones', que teñen que estar acesos e co 'modo avión' desactivado.
Un dos obxectivos do simulacro deste martes en probar e dar a coñecer á cidadanía o sistema ES-Alert, que permite enviar esas mensaxes de forma masiva, con información e indicacións precisas, a persoas que se atopan nunha zona afectada por unha catástrofe ou unha emerxencia.
Nese sentido, tamén se pretende que a cidadanía se familiarice con esta ferramenta para que estea preparada en caso dunha emerxencia real. Se fose así, a mensaxe que recibirían nos seus teléfonos contería instrucións claras sobre como actuar e medidas de autoprotección axeitadas á situación.
Escribe o teu comentario