Dous evacuados na Coruña por unha intoxicación por monóxido de carbono
Os afectados presentaban síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda da rúa Emilio González López.
Dúas persoas tiveron que se evacuadas ao hospital ao presentar síntomas compatibles cunha intoxicación por monóxido de carbono nunha vivenda da Coruña.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse ás 09,00 horas deste domingo e foi Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que deu a voz de alarma.
Os profesionais sanitarios desprazáronse até un domicilio da rúa Emilio González López e unha vez no lugar os medidores da ambulancia activáronse.
Desta forma, solicitaron a presenza dos Bombeiros da Coruña para realizar as comprobacións necesarias e informaron aos axentes da Policía Nacional
Cando os bombeiros chegaron ao domicilio, os índices de acumulación de monóxido de carbono eran negativos, pero, como medida de precaución, bloquearon a subministración.
Escribe o teu comentario