Veciño de Cambre de 70 anos pillado en dirección contraria e cuadriplicando a taxa de alcol

A Garda Civil mantén en condición de investigado a un veciño de Cambre (A Coruña), de 70 anos, como suposto autor de dous delitos contra a seguridade viaria. O home circulaba en sentido contrario e cuadriplicou a taxa de alcoholemia.

 

 


|

O investigado foi parado pola Garda Civil despois de que un usuario o interceptase na A-6. Afortunadamente non hai que lamentar danos persoais.

 

As autoridades foron alertadas da existencia do kamikaze na A-6 cando recibiron alertas no quilómetro 549 no termo municipal de Aranga. Foi parado no quilómetro 552. 

 

Archivo - Guardia Civil
Foto: EP

 

A Garda Civil mantén en condición de investigado a un veciño de Cambre (A Coruña), de 70 anos, como suposto autor de dous delitos contra a seguridade viaria. O home circulaba en sentido contrario e cuadriplicou a taxa de alcoholemia.

Os feitos ocorreron por mor da comunicación realizada polo 112 á Central Operativa do Subsector de Tráfico da Coruña (COTA) alertando dun vehículo circulando en sentido contrario, á altura do quilómetro 549, sentido Madrid, da autovía A-6, no termo municipal de Aranga.

Á súa chegada, as patrullas, atopáronse que o vehículo fora interceptado por outros usuarios da vía no quilómetro 552 da mesma.

Ao realizarlle a proba de alcoholemia, arroxou un valor de 0,99 miligramos por litro por aire expirado na primeira proba e de 0,97 milogramos por litro na segunda, case cuadriplicando a taxa máxima de alcol permitida para os condutores deste tipo de vehículos.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, un por conducir baixo os efectos de bebidas alcohólicas e outro por condución temeraria, propóndoo, ademais, para un recoñecemento médico extraordinario a fin de valorar os facultativos as súas aptitudes psicofísicas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE