O Millenium volve brillar máis dunha década despois

A Coruña aproveita o aceso deste monumento para celebrar o ano novo un día antes


|

Millenium
Aceso do Millenium na Coruña / Foto: @ConcelloCoruna

A Coruña adiantou onte á noite a súa festa de Fin de Ano. A alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey, inaugurou onte á noite o aceso do Millenium, no barrio de Labañou, cunha festa musical con badaladas e cotillón, dando a benvida, antes de tempo, ao 2023.

 

O monumento levaba apagado máis dunha década e onte recuperou as súas luces a só unhas horas de finalizar o ano 2022. Teba Chacón e Pablo Portabales, xornalistas coruñeses, fixeron de mestres de cerimonia nunha celebración amenizada pola man de Da Ou e Garufa Blues Band.

 

 

Vinte e dous anos despois de que o entón alcalde da cidade Francisco Vázquez inaugurase o Millenium, Inés Rey facíao este ano de novo sen choiva e no medio de matasuegras e gorros repartidos polo Concello, ademais de lume artifiales.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE