Tres detidos pola estraña morte dun home nun domicilio de Vos Mallos o pasado fin de semana

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a tres persoas, dous homes e unha muller, pola morte dun home nunha vivenda do barrio de Vos Mallos, na Coruña, o pasado sábado, día 19.


|

Dous hombnres e unha muller foron detidos desde o luns con relación ao corpo atopado o pasado sábado nun domicilio do barrio herculino de Vos Mallos. 

 

Por agora, as fontes a cargo do caso afirman que non esperan máis detencións. 

 

Policía Nacional
Foto: EP

 

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron a tres persoas, dous homes e unha muller, pola morte dun home nunha vivenda do barrio de Vos Mallos, na Coruña, o pasado sábado, día 19.

Así o informaron fontes próximas ao caso consultadas por Europa Press que explicaron que está previsto que pasen a disposición xudicial o xoves.

Unha das detencións, a do primeiro home, produciuse o luns, mentres que as outras dúas, a do segundo home e a da muller, foi o martes. As mesmas fontes confirmaron que non están previstas as detencións en relación a un caso sobre a que se declarou o segredo do sumario.

Sobre o mesmo, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, apelou a esperar ao resultado da investigación e a non facer "suposicións".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE