Un incendio na rúa Posse da Coruña provoca unha gran fumareda e tres feridos (vídeo)

Os bombeiros e a Policía Local da Coruña acudiron á primeira hora desta noite ao número 43 da rúa Posse onde unha das vivendas do último piso ardeu.


|

Incendio na rúa Posse nunha imaxe publicada por @gaiteira4kminos
Incendio na rúa Posse nunha imaxe publicada por @gaiteira4kminos


 

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración nun incendio rexistrado durante a noite deste mércores nunha vivenda da cidade da Coruña.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, foi un dos ocupantes da vivenda o que chamou a emerxencias sobre as 22,15 horas, alertando de que había lume nunha vivenda da rúa Posse.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros da Coruña, así como axentes de Policía Local e persoal sanitario do 061. O lume tivo a súa orixe na explosión dunha lámpada nunha habitación utilizada como roupeiro, que quedou calcinada, mentres que o resto das estancias do piso resultaron afectadas polo fume.

 



Aínda que inicialmente pensouse que non había danos persoais, os servizos sanitarios tiveron que trasladar ao Hospital da Coruña a tres feridos de diversa consideración. Unha das vítimas, segundo informaron os Bombeiros, sufrira queimaduras ao tratar de apagar ela mesma uns rescoldos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE