O Concello da Coruña abre o prazo para as axudas destinadas a autónomos e pemes

O Concello da Coruña destinará 400.000 euros para autónomos e as pequenas e medianas empresas co obxectivo de manter e impulsar a súa actividade económica durante 2022. O prazo para solicitar as axudas comezará este martes, 16 de agosto, e a subvención máxima para cada beneficiario será de 2.000 euros.

 

 

 


|

O consistorio herculino destinará 400.000 euros para o apoio a autónomos, pequenas e medianas empresas. 

 

O prazo de presentación comeza este martes e prolongarase ata o 16 de setembro.

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno ocal extraordinaria
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Foto: EP

 

O Concello da Coruña destinará 400.000 euros para autónomos e as pequenas e medianas empresas co obxectivo de manter e impulsar a súa actividade económica durante 2022. O prazo para solicitar as axudas comezará este martes, 16 de agosto, e a subvención máxima para cada beneficiario será de 2.000 euros.

Esta axuda deberá destinarse ao pago das cotas da Seguridade Social ou das mutualidades dos seus respectivos colexios profesionais. Poderá ser subvencionable o 100% do gasto por este concepto ata un máximo de sete cotas entre xaneiro e xullo de 2022.

O prazo de presentación iniciará este martes e prolongarase ata o 16 de setembro. As persoas interesadas deberán presentar unha declaración responsable en liña na sede electrónica do Concello da Coruña. Esta subvención é compatible con calquera outra outorgada por outras institucións ou entidades públicas ou privadas.

Desta maneira, como indica nun comunicado, o goberno local de Inés Rey reforza o seu apoio ao tecido empresarial e económico na cidade tras a "incerteza despois da crise sanitaria que obrigou o peche temporal de negocios e restrinxir o acceso en moitos casos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE