Accidente en Bergondo: tres ferido graves nunha colisión frontal na AC-164

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración nunha colisión frontal en Bergondo (A Coruña), á altura do punto quilométrico 1 da AC-164.


|

Os feitos ocorreron ao redor das 12 horas deste venres. Os tres feridos han tido que ser atendidos e trasladados ao hospital.

 

Os danos son de consideración e a colisión provocou que se vertiesen fluídos sobre a calzada, que supoñen un risco para o tráfico rodado. 

 

Concello de bergondo
Foto: Concello de Bergondo

 

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración nunha colisión frontal en Bergondo (A Coruña), á altura do punto quilométrico 1 da AC-164.

Segundo informa o 112, o suceso tivo lugar ao redor das 12,00 horas deste venres e, aínda que non foi necesario excarcerar a ningún dos ocupantes, os feridos foron trasladados ao centro hospitalario de referencia.

Foi un particular o que informou ao 112 dun accidente con dous vehículos implicados. Dun deles saía fume e os airbags de ambos parecían haberse activado. No seu relato, indicaba que nun deles viaxaban dúas persoas, mentres que o segundo estaba ocupado unicamente polo condutor.

 

AVISO Ás EMERXENCIAS

O 112 pasou entón a dar aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil de Bergondo. 

Foron precisamente os efectivos de Protección Civil desprazados ata o lugar do sinistro os que reclamaron asistencia sanitaria para os implicados. Pola súa banda, os Bombeiros valoraron a situación e descartaron empregar o material de excarceración.

Como consecuencia da colisión derramáronse fluídos sobre a vía que requiriron da actuación dos servizos de mantemento da estrada.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE