Carnota amence con temperaturas tropicais, ao rozar os 31ºC ás 8:00 da mañá
O concello de Carnota, na Coruña, marcou este martes a temperatura máis alta de Galicia á primeira hora da mañá. En concreto, segundo os datos de Meteogalicia, na parroquia de Lira, o termómetro rexistrou 30,8 graos ás 08,00 horas. Ás 10,10 horas xa superaba os 32.
A máis dun custoulle conciliar o soño esta noite en Carnota e nas localidades contiguas, onde os termómetros marcabana á primeira hora 30,8ºC.
O mercurio seguirá subindo ao longo do día en toda Galicia, onde se esperan temperaturas de récord que, con todo, durarán pouco. Mañá Ourense podería estar en 46ºC.
O concello de Carnota, na Coruña, marcou este martes a temperatura máis alta de Galicia á primeira hora da mañá. En concreto, segundo os datos de Meteogalicia, na parroquia de Lira, o termómetro rexistrou 30,8 graos ás 08,00 horas. Ás 10,10 horas xa superaba os 32.
As estacións de Meteogalicia xa reflectiron antes das 10,00 horas varios municipios que superan os 30 graos, entre eles, os pontevedreses de Redondela (31,4 graos), Mondariz (31,2 graos), Poio (31 graos) ou Meis (31,1 graos).
ALERTA VERMELLA
Para este martes, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Segunda da Xunta decretou a alerta vermella por altas temperaturas na conca do río Miño na provincia de Ourense, onde se espera que os termómetros pasen dos 42 graos.
Así mesmo, mantén o nivel laranxa en case a metade do territorio galego ante a previsión de temperaturas que oscilarán entre os 37 e os 39 graos.
Este segundo nivel de alerta estará activo no noroeste e o sur da provincia de Ourense, no interior e suroeste da Coruña; así como na totalidade da provincia de Pontevedra.
Escribe o teu comentario