González Formoso, contrario á fusión de candidaturas nas primarias

O dirixente socialista defende que a militancia "desexa poder contrastar os proxectos" e alégrase de que os aspirantes compartan esa idea.


|

Formosopsdeg


O presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, non se mostrou partidario de que, unha vez obtidos os avais, poidan existir acordos entre os precandidatos á Secretaría Xeral do PSdeG para conformar unha lista unitaria.


A preguntas dos xornalistas sobre esta opción, coincidindo coa súa presenza nunha rolda de prensa sobre o novo plan provincial de sinalización ciclista, mostrouse convencido de que haberá "posibilidade" de votar os tres precandidatos.


En concreto, Gonzalo Caballero, Xoaquín Fernández Leiceaga e Juan Díaz Villoslada foron confirmados este martes oficialmente como precandidatos ás primarias do PSdeG, que se celebrarán o próximo 8 de outubro. Tras esta confirmación, abriuse o prazo de recollida de avais.


Sobre este proceso e a posibilidade dunha lista unitaria, Formoso dixo que non está "na mente" dos precandidatos, pero defendeu que a militancia "desexa poder contrastar os proxectos". Por iso, insistiu na necesidade de respectar "a decisión final" da militancia.


"Se che avalo e despois te unes con outro non che podo votar", expuxo para defender que sería "idóneo" que se poida votar aos que sexan "avalados" polos militantes. "Estou convencido de que haberá posibilidade de votar aos tres", dixo tamén.


relacionada Manuel Martínez di que Besteiro "segue manexando" o PSdeG "na sombra"
relacionada Caballero, Leiceaga e Villoslada son oficialmente precandidatos ás primarias
relacionada Villoslada e Gonzalo Caballero protagonizan o primeiro enfrontamento da precampaña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE