Manuel Martínez di que Besteiro "segue manexando" o PSdeG "na sombra"

|

Besteiromartinez"Besteiro segue manexando o partido", afirma.


O vicepresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, afirmou este xoves que os tres candidatos ás primarias do PSdeG "están controlados na sombra polo 'besteirismo'".


Así, Martínez opinou que o ex secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, "segue manexando o partido" e que os militantes socialistas "non sei se por autismo ou outro tipo de problemas, non o ven".


O rexedor de Becerreá non oculta que a súa "postura" respecto ao partido a nivel nacional é "clara": "Votouse por parte dos militantes un tipo de partido socialista co que eu me identifico moi pouco".


"O partido e as actuacións que está a levar a cabo Pedro Sánchez en España non as entendo, sobre o plurinacionalismo ou o tema da postura en Cataluña", subliñou.


Respecto da carreira por liderar o PSdeG, Martínez comentou que o deputado Juan Díaz Villoslada "é claramente un monicreque de José Ramón", mentres que doutro dos precandidatos, o portavoz parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, opinou que "parece que se rebelou, pero ten ao seu lado a persoas de confianza" do ex secretario xeral.


Por último, respecto ao último dos tres aspirantes en liza, Gonzalo Caballero, afirmou que o vigués "se acompaña dalgunhas persoas que se dedican a levar e traer información" ao tamén ex presidente da Deputación de Lugo.


NON VOTARÁ


Así as cousas, o vicepresidente do ente provincial anunciou que non participará no proceso do PSdeG para escoller nova dirección, xa que as tres propostas "están colonizadas polo besteirismo".


"Non vexo ningunha proposta que me poida ilusionar e que me leve a participar no proceso interno. Vou respectar o que decidan os militantes aínda que non comparto nada do 'sanchismo', nin do 'besteirismo', que é unha clonación pura e dura do 'sanchismo'", asegurou.


relacionada Manuel Martínez toca por 10 días a presidencia da Deputación de Lugo
relacionada O PSOE readmite a Manuel Martínez tras 15 meses suspendido de militancia
relacionada O maltreito PSdeG cumpre un ano sen secretario xeral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress