Manuel Martínez toca por 10 días a presidencia da Deputación de Lugo

|

ManuelmartinezbecerreaManuel Martínez é coñecido polas súas posturas rebeldes.


O vicepresidente da Deputación de Lugo e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, asume desde este luns as funcións de presidente "por imperativo legal", ata o 17 de agosto, data na que Darío Campos finalizará o seu período de vacacións.


Martínez aspirara a presidir o executivo provincial, algo que no seu momento supuxo a súa saída do grupo provincial socialista, ao facilitarlle a presidencia á representante do PP Elena Candia, votándose a si mesmo. Posteriormente, propiciou unha moción de censura que levou ao goberno o socialista Darío Campos, ata que foi de novo incorporado ao goberno provincial, o que provocou a saída do BNG do executivo.


Tras este longo camiño, desde este luns asume as funcións de presidencia da Deputación, pero réstalle valor e pon de manifesto que era "algo ao que aspiraba pero por outros motivos". "Son agora por imperativo legal porque o presidente vai de vacacións. Tampouco a miña aspiración é ser presidente", completa.


Martínez asegurou que no seu día aspiraba a ocupar este cargo e afea "artimañas dalgunhas persoas, que o que buscan son monicreques, que provocaron que se me fixese a cama e conseguiron que non fose presidente".


"Hai máis vida fóra da presidencia da deputación, como se demostrou. Para min é unha satisfacción defender a postura que defendín, simplemente, por coherencia e lealdade aos meus principios", sentenciou.


Polo demais, non ocultou que está "satisfeito" despois de que na última xunta de goberno da Deputación se aprobase a licitación para a construción dunha residencia para maiores e centro de día en Becerrea.


Martínez referiuse a que "é unha necesidade e unha demanda histórica dun Concello, que está arroupada por todos os partidos políticos". "Non podo por menos que expresar a miña satisfacción", ante esta dotación pola que se consigna un investimento "de case cinco millóns de euros".

relacionada Manuel Martínez regresa ao grupo socialista e asume a vicepresidencia da Deputación
relacionada Manuel Martínez dille a Pedro Sánchez que "marche para a casa" tras "perder 4 eleccións"
relacionada A Deputación de Lugo licita a construción da residencia de Becerreá

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress