A Deputación de Lugo licita a construción da residencia de Becerreá

Contará con 96 prazas de residencia e 40 para o centro de día, unha demanda histórica dos veciños desatendida pola Xunta.


|

DariocamposlugoDarío Campos reprocha a Feijóo a súa falta de vontade.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou este venres, tras a Xunta de Goberno provincial, a licitación da contratación dos "traballos para a construción da residencia para maiores e centro de día público de Becerrea".


O investimento ascende a 4,8 millóns de euros e a "próxima semana publicarase no Boletín Oficial da Provincia", tras o que haberá 26 días naturais para a presentación de ofertas por parte dos interesados.


O prazo para a execución da obra será de 21 meses e, xa neste mes de agosto, adiantou Campos, emprenderanse "os traballos de demolición do antigo Fogar Escola e do acondicionamento da parcela na rúa Ancares 83".


O dito centro contará con 96 prazas de residencia e corenta para o centro de día. "Desde o goberno provincial cumprimos unha demanda histórica dos veciños de Becerrea, que levan 30 anos reclamando esta dotación", reivindicou.


Darío Campos aproveitou para recriminar que este compromiso non se asumiu por parte da Xunta de Galicia, "cando o propio Feijóo, en 2009, se comprometeu publicamente, nun acto neste municipio da montaña luguesa, a construír un centro para a terceira idade". "Ante este compromiso, o concello ofreceu os terreos á Xunta e a deputación financiou a redacción do proxecto. O goberno galego tivo na súa posesión tanto o proxecto coma os terreos, pero non a vontade política de executalos", criticou.

relacionada A Deputación de Lugo planea construír "entre 13 e 14" residencias para maiores
relacionada Manuel Martínez volverá á Deputación de Lugo como vicepresidente

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE