O Celta desquítase ante o Osasuna da súa mala xeira

(3-0). Os de Berizzo gozaron do dominio durante boa parte do encontro, pero non sentenciaron ata os últimos cinco minutos.


|

Abrazocelta


Goleada do Celta na casa ante o Osasuna, que resarce os vigueses das últimas derrotas dolorosas. Tres puntos que serven para a pelexa por volver a postos europeos e para dar moral para a eliminatoria que teñen que remontar fronte ao Shakhtar se non queren verse apeados doutra competición. Pione Sisto abriu a lata no primeiro tempo e ata o últimos cinco minutos non sentenciaron Jozabed e Aspas.


Aos dous equipos custoulles coller o pulso do encontro en Balaídos e ata pasado o minuto 10 non puido o Celta levar o partido ao seu terreo e dominar o xogo. A partir de aí, gozaron das maiores ocasións de perigo.


Pione Sisto converteu esa superioridade en vantaxe no marcador. No resto da primeira parte, os de Berizzo non pasaron apuros en defensa.


A vota do descanso cambiou as tornas e o Osasuna saíu moito máis ambicioso, en parte obrigado polo resultado. Mesmo De las Cuevas chegou a perdoar o empate, co Celta desaparecido ata que se cumpriu a hora de partido e Berizzo comezou a mover o banco. Entrou Jozabed por Sisto.


Co cambio os vigueses sentíronse máis cómodos, recuperando o balón e o equilibrio no campo, aínda que sigueron moi mornos en ataque. Non foi ata o últimos cinco minutos cando Jozabed e Aspas sentenciaron e redondearon o marcador.

relacionada O Celta cae pola mínima en Balaídos ante o Shakhtar Donetsk
relacionada O Celta perde no Calderón un partido que gañaba no 85

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE