O Celta perde no Calderón un partido que gañaba no 85

(3-2). O Atlético consegue remontar en tres minutos e pecha unha semana de desgaste infrutuoso para os celestes.


|

Guidettiatleticoderrota

Guidetti, con xesto de resignación. //Fonte: RC Celta.


O Celta sufriu un novo castigo no seu último partido no Vicente Calderón, onde o Atlético deixará de xogar ao remate da tempada. Celestes e colchoneiros ofreceron un fútbol vistoso e trepidante. Os de Simeone tiveron que darlle a volta ao marcador, pero apertaron ao máximo na área céltica e terminaron por remontar para facer o (3-2).


Cabral estreou o electrónico aos cinco minutos de xogo aproveitando un mal despexe de Moyá. Ao intre, no 10, Torres respondeu cunha incrible chilena en estático ante a que Sergio nada puido facer. O 1-1 non acougou a fame de ningún dos conxuntos. Á media hora de partido o propio Torres fallaría un penalti. Foi o respiro máis longo que puideron tomar os xogadores.


Tras a continuación o choque mantívose eléctrico, cun ritmo moi alto e posibilidades para ambos os conxuntos. Guidetti volveu poñer por diante os vigueses no minuto 78, finalizando unha contra impecable dos de Berizzo. O Atlético tirou de épica e case sen tempo para reaccionar deulle a volta ao resultado. No 86 Carrasco marcou un impresionante tanto desde fóra da área. Dous minutos despois Griezmann completou a remontada.


O Celta debe pensar agora no partido de Europa League. Este xoves ás 19:00 Balaídos acolle a ida dos dezaseisavos de final ante o esixente Shakhtar Donetsk.


FICHA


3-ATLÉTICO: Moyá, Juanfran (Vrsaljko, min.46), Savic, Lucas, Filipe, Gabi, Saúl (Correa, min.72), Koke, Carrasco, Griezmann, Torres (Gameiro, min.76).


2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Pablo Hdez., Jozabed (Wass, min.64), Iago Aspas (Marcelo Díaz, min.85), Sisto (Bongonda, min.70), Guidetti.


Goles: Cabral, 0-1, min.6; Torres, 1-1, min.10; Guidetti, 1-2, min. 78; Carrasco, 2-2, min.86; Griezmann, 3-2, min.88.

relacionada Rueda retuitea unha mofa de Pedrerol sobre Caballero e incendia a rede
relacionada O Celta volve caer ás portas da final de Copa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE