O Celta cae pola mínima en Balaídos ante o Shakhtar Donetsk

(0-1). Unha contra dos ucraínos deixa os vigueses por detrás na eliminatoria que se decide a próxima semana sen o seu público a favor.


|

Shakhtarcelta


Avisaba Berizzo antes do primeiro partido da eliminatoria do perigo que supón o Shakhtar á contra. E non ía desencamiñado. Un contragolpe na primeira parte puxo o marcador final nun encontro no que o Celta non tivo puntería.


O Celta caeu por 0-1 no primeiro partido de dezaseisavos de final da Europa League. O equipo vigués foi de menos a máis e chegou a ofrecer momentos de bo fútbol. A pesar de facerse co partido no segundo tempo e encadear suficientes chegadas de perigo como para macar, o empate non chegou.


Os galegos protagonizaron numerosas chegadas á área rival no primeiro tempo e, con todo, apenas remataron a porta. Bongonda e Guidetti tiveron boas ocasións para marcar, pero non definiron con acerto. Cando mellores sensacións ofrecían os de Berizzo chegou o gol ucraíno, á contra, tras unha falta a favor dos celestes. Gustavo Blanco marcou tras un resbalón de Cabral e un rexeite de Bongonda.


Os vigueses melloraron trala continuación. O cadro céltico fíxose co balón e acumulou ocasións. Pero enfronte estaba o Shakhtar, un equipo rochoso e ordenado, cun nivel de presión moi alto e que saía á contra cunha velocidade endemoniada.


Non se renderon os xogadores do Celta en busca do gol. Non chegou e agora o equipo deberá viaxar a Ucraína para tentar darlle a volta á eliminatoria. O vindeiro xoves, o desenlace.


FICHA TÉCNICA


0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja (Jozabed, min.74), Wass, Pablo Hernández, Iago Aspas, Bongonda (Sisto, min.57), Guidetti (Rossi, min.84).


1-SHAKHTAR: Pyatov, Srna, Ordets, Rakitskyy, Ismaily, Fred, Malyshev, Marlos (Azevedo, min.90), Dentinho (Kovalenko, min.46), Taison (Bernard, min.83), Blanco.


Goles: Gustavo Blanco, 0-1, min.26.

relacionada O Celta sairá a apropiarse do balón e a facer algún gol
relacionada O Celta volve caer ás portas da final de Copa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE