cultura

Fillas de Cassandra: "‘Últimas Dionisiacas’ vai ser a festa definitiva; como unha comida na casa da avoa”

Tras un 2023 para o recordo, Sara Faro e María Soa, as Fillas de Cassandra, arrincan 2024 presentando un novo espectáculo -para o que non quedan entradas o vindeiro venres 16 de febreiro en Vigo- no que revisarán 'Acrópole' desde unha nova perspectiva e descubrirán ao público no que están a traballar, con algún proxecto na cociña a lume baixo. Nesta conversa con Galiciapress, o dúo repasa os momentos máis emocionantes do último ano, a conexión que teñen co público e descobren as opcións reais que existiron para ir á última edición do Benidorm Fest, unha opción que descartaron e na que influíu unha actuación de Caamaño & Ameixeiras. 

Santiago de Compostela dá o sinal de saída ás súas Festas do Entroido este sábado

Os entroidos da cidade compostelá empezan co desfile do Meco e o pregón que será lido por De Vacas. Previamente a estes actos os xenerais dá Ulla serán o entrante destas festas coas súas vivas e atranque cos que percorrerán as rúas santiaguesas entre as 18:30 e as 20:00.

 

 

O CXPX négase a tramitar un escrito en galego e provoca a denuncia da Mesa

A Liña do Galego recibiu esta denuncia cidadá, así como outra na que se sinala que a Axencia Tributaria de Galicia "pretende impor nomes deturpados".

'Zorra', de Nebulossa, soará no Atlantic Pride máis Eurovisivo xunto a Lucía Pérez, As Ketchup ou 'Rosa de España'

Catro confirmacións e catro exparticipantes no Festival da Canción de Eurovisión, entre elas a candidatura de España para 2024. 

O Revenidas cóase en dous nomeamentos dos Iberian Festival

O festival de Vilaxoán, que regresa este 2024 do 12 ao 15 de setembro, podería ser galardoado na próxima edición dos premios.

Hórreos galegos: máis que unha bonita estampa

Os hórreos foron elementos consustanciais ao desenvolvemento agrario en Galicia. Fóra de tópicos e estampas, estas construcións falan por si mesmas dun sistema que buscaba preservar colleitas e alimentos cando isto era tarefa case imposible. De pedra, lousa ou madeira, en bloques de granito ou de cachote, as diferentes variedades son o reflexo dunha forma de adaptarse ao terreo e aos seus condicionantes.

A Mesa denuncia ante o Consello de Europa "a oferta positiva cada vez menor" da lingua na comunidade

A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística reprendeu ao Goberno de Galicia e ao do Estado por permitir os "incumprimentos" á Carta Europea das Linguas.

Os Reis Magos deixarán debaixo da árbore moitos abonos para o Recorda Fest, que esgota a súa segunda tirada

A próxima edición do festival coruñés celebrarase no Peirao de Batería do 6 ao 7 de setembro. 

Yolanda Castaño será a pregoeira da LVI Feira do Cocido de Lalín

O Premio Nacional de Poesía 2023 realizará o  pregón o 4 de febreiro

O SonRías Baixas xa ten datas para superar a si mesmo: 1, 2 e 3 de agosto

O festival de Bueu é o último en anunciar os días nos que regresará o próximo 2024, con artistas que comezarán a saber en xaneiro.

Entradas para o Revenidas, na lista de desexos dos Reis Meigos: á venda o próximo 2 de xaneiro

O festival pontevedrés, nomeado a oito premios dos Iberian Festival Awards, saca os seus primeiros abonos o vindeiro martes.

A Mesa entrega a súa carta para O Apalpador: "Que sexa o último Nadal sen programación infantil en galego"

A plataforma traslada a esta figura mítica as súas peticións para que pequenos e mozos teñan o seu espazo na programación na lingua do país.

O Gozo Festival desdóbrase cunha cita para a música electrónica: Timmy Trumpet, Armin van Buuren, Marshmello...

O festival compostelán, despois de só unha edición, multiplica a súa oferta cunha segunda data, dedicada só á música electrónica.

Robe Iniesta anuncia a súa volta aos escenarios con actuacións na Coruña e en Vigo

O exvocalista da lendaria Extremoduro manifesta que o seu novo grupo "é máis banda do que foi Extremoduro nunca".

Cartel de O Son do Camiño 2024: Pet Shop Boys, J Balbin, Arde Bogotá, Ana Mena, Melendi...o que dixo Jared Leto

O festival compostelán anunciou o cartel que a conta de 30 Seconds to Mars filtrara por erro o pasado venres.

O catálogo da Mesa propón un Nadal para regalar libros e xoguetes en galego

A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística inclúe roupa, contos, produtos gastronómicos ou experiencias. 

Que facer en Galicia? As mellores actividades para este fin de semana

Planifica o fin de semana coas mellores actividades que recompila Galiciapres para a comunidade galega

'La Ruina' regresa a Galicia con funcións en Santiago, Ourense e Vigo

A cidade termal será a primeira en destapar as súas desgrazas o próximo 22 de marzo. Para setembro, os días 26 e 27 en Santiago e 28 en Vigo, as seguintes datas do show. 

Deputación da Coruña, A Mesa e Correlingua colaborarán para o fomento da lingua

A firma da entidade provincial coa plataforma e a agrupación cultural realizouse esta mañá co obxectivo de "normalizar" e "fomentar o uso" da lingua galega.

 

Camilo Franco, director do Culturgal: "Temos que facer entender que a cultura non é algo prescindible"

O escritor e xornalista cultural Camilo Franco estréase este 2023 na dirección da Feira das Culturas Galegas, que se celebrará do 1 ao 3 de decembro en Pontevedra. Franco conta para Galiciapress as novidades e expectativas desta XVI Edición, para a que promete que haberá "máis eventos e menos exposicións".


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE