O Revenidas cóase en dous nomeamentos dos Iberian Festival

O festival de Vilaxoán, que regresa este 2024 do 12 ao 15 de setembro, podería ser galardoado na próxima edición dos premios.


|

Foto finalista Christian Peu0301rez
Foto: Revenidas

 

Os Iberian Festival Awards elixen cada ano aos mellores festivais da península. Só o mellor do mellor se pasea pola alfombra vermella duns galardóns que mide ao milímetro aos seus condecorados. É nesta disciplina onde o Festival Revenidas goza dunha máis que merecida fama polo seu bo facer, algo que lle abriu as portas desta entrega de premios con dous nomeamentos que sitúan a esta cita, ineludible para os festivaleros, entre as máis recoñecidas de España e Portugal. 

 

Con 25.000 asistentes na súa pasada edición, o Reve volverá este verán, con catro días de música do 12 ao 15 de setembro. Para entón, podería lucir no seu palmarés de dúas décadas de música os premios a Mellor Festival Lusófono e Hispánico e de Mellor Fotografía de Festival

 

 

 

O ano pasado, Zoo, Sara Hebe, Fillas de Cassandra ou Rodrigo Cuevas foron algúns dos atractivos dun cartel que está gardado aínda baixo chave para a súa nova edición. O asturiano é un dos protagonistas destes premios, xa que a instantánea de Christian Pérez, fotógrafo principal do Reve, pode ser a gran triunfadora da noite. Non será até o 15 de marzo que se coñeza o desenlace, cando se abran os sobres cos gañadores na VIII Edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE