Cartel de O Son do Camiño 2024: Pet Shop Boys, J Balbin, Arde Bogotá, Ana Mena, Melendi...o que dixo Jared Leto

O festival compostelán anunciou o cartel que a conta de 30 Seconds to Mars filtrara por erro o pasado venres.


|

Jared leto 30 seconds to mars
Jared Leto, vocalista de 30 Seconds to Mars | Foto: EP

 

Saben ese momento no que alguén lle di "Vouche a contar unha cousa, pero non podes decirselo a ninguén", pero un queda á metade da frase, non entende o último que lle dixeron aínda que fai como que si e logo acaba largando o que se supón que é un segredo ao primeiro de vez? Pois se saben do que falo, é posible que sentan identificados con Jared Leto. Ao actor e vocalista de 30 Seconds to Mars fóiselle o dedete hai uns días e filtrou, sen querer, o cartel da próxima edición de O Son do Camiño. Foi un visto e non visto e o post borrouse ao momento, pero os camiñers, que son moi bichos eles, fixéronse eco inmediatamente e destaparon o pastel que ía permanecer oculto até este martes. Era un fake? Realmente filtrouse? Unha campaña para chamar aínda máis a atención? O caso é que, hoxe ás 11, sóubose que, efectivamente, o cartel de Leto era o do Son 2024.

 

A EDICIÓN MÁIS GRANDE DO SON

E é que o festival compostelán volve ao grande no seu V Edición, a que pode ser a máis ambiciosa da historia deste evento que xa é referencia a nivel nacional. Entre as grandes confirmacións deste último anuncio -aínda quedan moitos artistas máis por confirmar- están "o príncipe do reggaeton", o colombiano J Balbin, os británicos Pet Shop Boys, unha das bandas máis exuberantes de Reino Unido, o portorriqueño Mike Towers, sensación a nivel mundial, ou o asturiano Melendi, un artista que en España non necesita presentación algunha. 

 

A eles hai que sumar a Rels B, unha bocanada de aire fresco no escenario nacional e sobre todo dentro do xénero rap, que estará ben flanqueado por Natos y Waor, un dos mellores directos do rap en castelán, ou Fernandocosta e a súa enerxía inesgotable. 

 

 

O tamén british Tom Odell ou os yankees The Interrupters son outros nomes relevantes dentro do apartado internacional, onde xa estaba confirmada a presenza de Green Day, mentres que no que se refire á primeira plana española atopamos desde novas sensacións como Arde Bogotá, banda revelación do indie, Ana Mena, unha das artistas pop máis reproducidas do momento, os sempiternos Love Of Lesbian ou a xa mítica La Oreja de Van Gogh, que fai o seu debut no Son. 

 

GALICIA E MÚSICA ELECTRÓNICA

O sevillano Wade, coa súa música electrónica, será un dos representantes deste estilo que disporá nesta edición do seu propio espazo, con Trym, Vitalic (Live), Patrick Mason, Tiga, Âme, Henrick Schwarz e Kalte Liebe, Ben Hemsley, Daria Kolosova, Parkineos, Viviana Casanova, Héctor Llamazares, Cristina Tosio, Tony Varga, Bárbara Lago, Richi Risco e Karras Martínez como primeiras confirmacións dun concepto que "amplía míralas do festival galego e que  o leva a un nivel superior en canto a ampliación de estilos e programación". 

 

Galicia non queda nin moito menos fóra da ecuación, con Baiuca, Berto ou Monoulious DOP como grandes confirmacións do país nun cartel que completan, por agora, MATTN, Hot Milk, Carlos Ares ou Maryland. Mañá sae á venda a partir das 13 horas unha nova quenda de abonos, que prometen durar o mesmo que un caramelo na porta dunha escola. Jared Leto xa deixou claro que ten a súa. "See you soon". 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE