Hospitalizado un home tras chocar co seu vehículo contra o muro dunha casa en Vigo
O suceso produciuse sobre as 04.30 horas deste domingo e foi o propio implicado no suceso o que deu a voz de alarma e detallou que estaba atrapado
Un home resultou ferido nunha perna tras saír da vía e chocar contra o muro dunha casa na Rúa Manuel Álvarez, en Lavadores, Vigo.
Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 04.30 horas deste domingo e foi o propio implicado no suceso o que deu a voz de alarma e detallou que estaba atrapado.
Tamén os residentes na vivenda deron a voz de alarma e detallaron que o mozo era o único ocupante do vehículo e era necesaria a intervención dos bombeiros para liberar ao ferido.
A central de emerxencias mobilizou aos Bombeiros de Vigo e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e axentes da Policía Local.
Escribe o teu comentario