O PPdeG promoverá que os delitos de ocupación sexan tratados en "xuízos rápidos"

O portavoz do grupo parlamentario, Pedro Puy, manifestou que os procedementos para recuperar vivendas ocupadas son "longos, penosos" e apenas levan consecuencias para os que os realizan


|


Pisovivienda


O Partido Popular de Galicia considerou necesario reformar "normas estatais" e buscar acordos entre a Delegación do Goberno en Galicia e a Fiscalía para que os delitos relacionados coa ocupación de inmobles sexan tratados en "xuízos rápidos".


"Queremos resolver un problema que non só afecta os propietarios senón tamén aos veciños das vivendas adxacentes", manifestou este luns en rolda de prensa o portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Pedro Puy.


Con este obxectivo, explicou que os populares galegos rexistraron unha iniciativa na Cámara galega que pretende adaptar o actual ordenamento xurídico para "dar respaldo" tanto "ás actuacións das forzas e corpos de seguridade do Estado" como "aos tribunais de xustiza" nas actuacións que se producen ante a existencia de "mesmo mafias que se dedican á ocupación ilegal de vivendas".


E é que como indicou o portavoz popular, na actualidade os procedementos para que os propietarios recuperen as súas vivendas "son longos, penosos e normalmente non levan apenas consecuencias para aqueles que os realizan".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE