VÍDEO | A maioría da ONU levántase para boicotear a Netanyahu
Na Asemblea Xeral da ONU de 2025, o discurso do primeiro ministro israelí, Benjamín Netanyahu, foi recibido cun boicot masivo que deixou a sala practicamente buxán. Das ao redor de 193 delegacións de países membros que conforman a ONU, máis de dous terzos abandonaron o recinto en sinal de protesta antes ou durante a intervención. Arxentina, China, Italia, Etiopía e Estados Unidos están entre os que quedaron.
O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, foi recibido con apupos e unha sonora pitada antes de comezar o seu discurso na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Mentres se dispuña a tomar a palabra, centos de delegados de distintos países abandonaron a sala en sinal de protesta contra as políticas israelís en Gaza.
Dirixiuse desde a Asemblea Xeral da ONU aos reféns que aínda seguen retidos na Franxa de Gaza, para prometerlles que tentaría "traelos de volta a casa".
Aínda que a delegación de Estados Unidos, firme aliado de Tel Aviv, permaneceu nos seus asentos e algúns sectores aplaudiron a súa intervención, a ausencia doutras delegacións supón un duro golpe para a delegación israelí. España estivo entre os países que boicoteou ao primeiro ministro sionista.
Netanyahu interveu a pesar da protesta internacional, nun escenario no que, a diferenza del, o presidente palestino Mahmud Abbas non puido falar polo veto de Washington á súa viaxe.
Fóra do edificio, miles de persoas marchaban polas rúas de Nova York contra a presenza do dirixente israelí e denunciando o que cualifican de xenocidio en Gaza.
Durante o seu discurso, Netanyahu afirmou que as súas palabras se retransmitían en directo a través de altofalantes na Franxa, nos teléfonos móbiles dos gazatíes e aos reféns en poder de Hamás. Portaba na solapa un pin cun código QR que convidou a escanear para acceder a unha web ...
Escribe o teu comentario