​A eólica volve ser a tecnoloxía que máis electricidade xerou en xaneiro

Case unha cuarta parte de toda a enerxía chegou á rede eléctrica desde os aeroxeradores.


|

Eolico 5


A enerxía eólica produciu o 24,7% da produción total en España no mes de xaneiro, cunha xeración de 5.300 xigawatts hora (GWh), un 10,5% superior á do mesmo mes do ano pasado, encadeando o seu segundo mes consecutivo como a tecnoloxía que máis electricidade xera no sistema eléctrico.


En concreto, os máis de 1.000 parques eólicos españois levan dous meses consecutivos xerando en torno ao 25% da electricidade que se consome, un 25,1% en decembro e 24,7% en xaneiro, segundo informou a Asociación Empresarial Eólica (AEE).


En 2017, a potencia eólica incrementouse nun total de 95,775 megawatts (MW), dos cales 59,1 MW instaláronse nas illas Canarias, elevándose a 23.121 MW instalados en toda España.


O sector eólico conta con 210 centros de industriais en 16 das 17 comunidades autónomas. España é o quinto país en potencia instalada e o cuarto exportador de aeroxeradores a nivel mundial.


relacionada Gas Natural Fenosa mantén a súa aposta pola innovación e a enerxía eólica
relacionada ​Galicia terá funcionando en dous anos 18 novos parques eólicos
relacionada O BNG reclama que Feijóo pague do seu peto a multa polo concurso eólico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE