As embarcacións tradicionais galegas, convidadas a un festival en Pasaia
Unha delegación galega, formada por decenas de representantes, navegará ata a costa guipuscoana en maio.
Presentación do festival.
Decenas de embarcacións tradicionais galegas partirán rumbo á costa de Guipúscoa no mes de maio para participar nesas datas na primeira edición do Festival Marítimo de Pasaia, no que Galicia será a invitada de honra.
Así, segundo informa Culturmar, a cita, que se celebrará do 17 ao 21 de maio, contará cunha ampla delegación galega tanto en terra como no mar baixo o lema 'Galicia, un patrimonio para descubrir, un patrimonio para salvagardar'.
A expedición galega contará cun espazo de 200 metros cadrados no recinto do certame, onde se promocionará a artesanía, os oficios tradicionais, a natureza, a gastronomía ou a música de Galicia.
A localidade de Pasaia, situada na comarca de Donosti, é considerada como unha "quinta provincia" de Galicia, xa que alí, e en concreto no barrio de Trintxerpe, habita unha das comunidades de galegos máis importantes de toda España.
Deste xeito, coa súa presenza neste certame, Culturmar quere dar a coñecer Galicia "como un produto-destino turístico único e integral" e, ademais, "recoñecer o peso e a relevancia" do colectivo galego en Euskadi.
A delegación galega estará formada por unhas 70 persoas, que serán as encargadas de "visibilizar o patrimonio galego" a través de talleres relacionados coa cultura, tradicións e oficios marítimos.
Escribe o teu comentario