Detectados 6 casos de psicotécnicos que incorreron en “responsabilidade penal”

|


ExamenConducir


O fiscal coordinador de Seguridade Viaria de Galicia, Carlos Gil, asegurou que en 2017 detectáronse en Galicia 6 casos de psicotécnicos galegos que poderían incorrer en "algunha responsabilidade penal" á hora de expedir certificados para a renovación do permiso de conducir.


O coordinador explicou que tras analizar o pasado ano 400 casos en Galicia de condutores sen as condicións físicas ou psíquicas para conducir, detectáronse "seis supostos, seis de todo o que se fixo", que foron remitidos ao Xulgado do Penal ante algunha posible responsabilidade penal do centro psicotécnico.


Carlos Gil ha resaltado que o perfil de delincuente viario que máis lle preocupa ao Minsiterio Público é o do reincidente. A pesar de asegurar que a incidencia é escasa, entre un 1 e un 2% do total, destacou que aínda é "perigosa". Segundo Gil, o "93 por cento das condenas foron por conducir baixo efectos do alcol ou por conducir sen permiso", sendo sobre estes condutores sobre "os que hai que actuar".


Con todo, Gil mantén que non é preciso endurecer as penas. Argumentou que "o que queira vulnerar a lei, que saiba que se o fai, vai ser sorprendido, que non hai impunidade", e engadiu que, "ameazar con máis pena, ameazar con no canto de seis meses de multa cun ano non vai quitar nada". En opinión do fiscal, "o importante son as tarefas de control e vixilancia" que deben facer as policías xudicial e de tráfico e defendeu que se realice "máis presión sobre o condutor infractor". Así, aposta por realizar un reforzo dos controis, mesmo con axentes de paisano, para os reincidentes que acumulen tres ou máis condenas en cinco anos.


En canto a datos, cifrou en máis de 8.000 os controis de drogas efectuados en Galicia o ano pasado, dos que o 44% deron positivo, e en 700.000 as probas de alcoholemia. En todo caso, o Fiscal bota en falta máis traballo en materia de Educación Viaria, sobre todo no que respecta á reciclaxe dos condutores veteranos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress