​Fomento e a Xunta reúnense o martes para debater sobre a peaxe de Redondela

A Comisión mixta da AP-9 celebra o seu terceiro encontro, no que se espera algún compromiso.


|

Peajeautopista


A Xunta de Galicia dará traslado este martes 23 ao Ministerio de Fomento, na reunión que se celebrará da Comisión mixta para a xestión da Autoestrada do Atlántico (AP-9), dunha "alternativa viable" para a supresión da peaxe entre Redondela e Vigo.


Así o explicou este sábado a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, en declaracións á TVG recollidas por Europa Press. Vázquez avanzou que será este martes cando se celebre a que será a terceira reunión da Comisión Mixta e na que a Xunta de Galicia tentará concretar co Ministerio de Fomento novos compromisos para aliviar a carga económica da AP-9 aos seus usuarios.


A titular de Infraestruturas lembrou que desde a Xunta de Galicia leva "traballando moitísimo tempo", "envorcados en conseguir esa liberación de peaxe aos veciños e as empresas da área de Vigo para os seus desprazamentos entre Redondela e Vigo", de modo que na reunión da comisión prevista para o martes a "Xunta levará unha alternativa viable" para que "os usuarios da AP9 en Redondela poidan transcorrer e facer os seus movementos libres de peaxe".


Sobre iso, avanzou que confía en que exista "sensibilidade" sobre esta cuestión por parte do Ministerio de Fomento, puntualizando que o propio ministro, Íñigo de la Serna, xa lle trasladara ao presidente da Xunta de Galicia a intención de "entre todos buscar unha alternativa viable para eliminar esa peaxe e que a área de Vigo sexa tan competitiva como o resto".


relacionada ​Nova manifestación para que se suprima a peaxe da AP-9 en Rendondela
relacionada A oposición censura que Rande teña "a vía de servizo máis cara do mundo"
relacionada Rajoy continúa a súa xira de inauguracións na AP-9 entre berros de "estafa"
relacionada As peaxes da AP-9 subirán en dúas metades e non de golpe desde o 1 de xaneiro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE